20/12/11

929. Motivación académica


"Pois este alumno, desde que falei co pai e non lle deixa andar co tractor, mellorou moito."

(oído nunha avaliación de 2º de E.S.O., 13 anos teñen as criaturas)

Recomendación:

Así non imos conseguir evitar que o rural galego quede despoboado. Se non motivamos ós alumnos facéndolles ver que o que aprenden na casa non debe supoñer un obstáculo nas súas vidas, non imos a ningunha parte. E para aproveitar tal momento de profundidade e reflexión, escoitemos "Vuh", do álbum de Popol Vuh de 1971, In den Gärten Pharaos.


10/12/11

919. Eleccións numéricas


Nota 1: O autor deste blog, profundamente antiPP, manifesta a súa alegría pola aplastante vitoria do PP nas eleccións xerais do pasado domingo, por motivos (*) absolutamente egoístas (iso que quede claro).
Nota 2: As referencias temporais ó pasado domingo débense a que este post foi redactado en parte nos días seguintes ás elección, pero funme liando con outras cousas e ata hoxe non tiven moito tempo. (Non é que agora vaia sobrado, pero apetecíame menos mirar a lista de verbos irregulares en alemán)


Despois desta declaración, imos ver un curioso estudio numérico sobre a cita do domingo na "festa da democracia" (sempre desexei poder dicir ou escribir en público un topicazo deste calibre).


Como de costume, nestas ocasións todos din ter gañado, como nas competicións escolares, que hai premios para todos. Pero algúns gañan máis que outros, e estes outros normalmente protestan, como é habitual en IU e UPyD, que como gañan pouco, teñen experiencia en protestar e sáelles moi convincente.

Unha das protestas habituais é a inxustiza da lei electoral, por exemplo, a aplicación da chamada lei d'Hondt (ver funcionamento) en detrimento do sistema proporcional. Outra das queixas é a do peso excesivo de partidos nacionalistas debido ó reparto por provincia das circunscricións. Así que, como os números non enganan (só as persoas que os manipulan), imos estudar as diversas posibilidades prácticas (a proporcional a nivel provincial non aparece porque desvirtúa moito o voto):

Resultados reais:
PP 186, PSOE 110, IU-LV 11, UPyD 5, CiU 16, Amaiur 7, EAJ-PNV 5, ERC 3, BNG 2, CC-NC-PNC 2, Compromís 1, Foro Asturias 1, Gbai 1
(Observemos que os partidos "nacionalistas" suman 38 deputados)

Hipótese 1 (sistema proporcional, circunscrición única):
PP 158, PSOE 102, IU-LV 25, UPyD 17, CiU 15, Amaiur 5, EAJ-PNV 5, ERC 4, Equo 3, BNG 3, CC-NC-PNC 2, Compromís 2, PACMA 1, Eb 1, Foro Asturias 1, PA 1, PxC 1, PRC 1, Gbai 1, PUM+J 1, PCPE 1.
(Neste caso os partidos "nacionalistas" sumarían 41 deputados)

Hipótese 2 (sistema d'Hondt, circunscrición única):
PP 164, PSOE 105, IU-LV 25, UPyD 17, CiU 15, Amaiur 5, EAJ-PNV 4, ERC 3, Equo 3, BNG 2, CC-NC-PNC 2, Compromís 1, PACMA 1, Eb 1, Foro Asturias 1, PA 1.
(Agora os "nacionalismos" pasarían a 35 deputados)

Antes de nada dúas aclaracións, as comiñas son debido a que me custa recoñecer que algún dos partidos indicados sexa estrictamente nacionalista, senón que máis ben funcionan como herdeiros da estrutura caciquil do século XIX. En segundo lugar, a variabilidade dos datos debido á modificación do reparto de votos en outras eleccións, podedes entrar aquí e con axuda dunha folla de cálculo, en cinco minutos, veredes que as conclusións non variarían case nada en outros anos.

Unha vez dito isto, vexamos onde está o truco (e a trampa). Curiosamente, unha das queixas habituais sobre o posible maltrato ós partidos nacionalistas en caso de que os votos vaian a unha cesta común a nivel nacional, queda desmontada ó ver que en conxunto hai unha diferencia de tres deputados máis ou menos dependendo da hipótese posta en práctica.

Outro dos problemas, a perda de deputados pola dispersión do voto, curiosamente, en ambos casos, os dous grandes perxudicados son IU-LV e UPyD, que gañarían con calquera das hipóteses 26 deputados, mentres que PP e PSOE perderían entre os dous desde 27 a 36 escanos. E aquí, si que cambia bastante o tema, por exemplo ata supoñer que con unha malleira como a do domingo o PP non chegaría á maioría absoluta, ou o PSOE no seu momento, que para un apuro dá igual.

Onde van eses nove escanos, dos 27 ós 36, que deixan de perder os maioritarios dependendo das hipóteses? A cuestión neste caso é simple, a lei de d'Hondt favorece ós partidos con máis votos fronte ó sistema proporcional (ver como se reduce a lista ó final). A xustificación que se deu en outros países e se utilizou en España despois da morte de Franco era clara, unha excesiva fragmentación do espectro electoral podería acarrexar inestabilidade política, cousa que no caso español, non era nada conveniente naqueles anos. Sería discutible hoxe? Para min, é algo subxectivo.

Outro tema é a división electoral de España en circunscricións provinciais (Constitución de 1978, art. 68.2). Aquí si se lle dá un peso excesivo a provincias pequenas en detrimento das de maior poboación, o que provoca que os partidos con voto disperso saian claramente perxudicados, aparte de IU-LV e UPyD, o caso de Equo é tremendo, podería ter 3 escanos e queda sen nada, aínda que a lei de d'Hondt tampouco lles faría favor ningún a nivel nacional, volverían ó cero.
Os posibles 3 de Equo sumados ós posibles 36 antes citados xa fan un 11% do Parlamento. Agora xa son temas moi serios.

Quen ten poder real para desfacer esta inxustiza? Quen sae beneficiado dela? Que partidos obtiveron maiorías absolutas sen alcanzar o 50% dos votos?
Tres preguntas e unha resposta: PP e PSOE
Estes dous partidos confórmanse con un sistema de quendas ó estilo Cánovas-Sagasta da Restauración, que total hai abondo que repartir para todos?
Outro dato curioso, en outubro de 1982, o PSOE obtivo unha maioría arrasadora: 202 de 350 escanos, un 58% dos deputados, a maior da historia recente. Votos? un 48%. Este dato dinos que ningún partido foi capaz de obter a metade dos votos e a cambio tivemos varias maiorías absolutas, e o peor, que un partido que teña máis votos en contra que a favor pode facer e desfacer como lle pete nas leis polas que nos reximos.

Xa o dicía Shakespeare en Hamlet: "Something is rotten in the state of Denmark", non fai falla máis que cambiar Dinamarca...

(*) Motivo egoísta:
1. O goberno Zapatero baixoume o soldo.
2. Rajoy nunca estivo de acordo con Zapatero en case oito anos.
Consecuencia: O goberno Rajoy vaime subir o soldo, non? Grazas por anticipado, Mariano.

Recomendación:

Aproveitando a cita shakespeariana, imos falar outro tipo de podredume, "Something rotten" do álbum de 2003 de Placebo, "Sleeping with ghosts". Recomendable ó completo, por certo.


6/12/11

911. Vexetariano (ou verde, que para un apuro...)


Chegou o tempo da matanza, e polo tanto xa habería que ter engordado ó porquiño, ou iso debe pensar a miña familia. O domingo anterior tiven visita de meus pais...

- Traio unha bolsa de nabizas, que me deu unhas poucas túa tía para ti.
- Ah, que ben... mmm, non serán moitas? (unha bolsa das do lixo ata os topes)
- Non, ho. Conxelas ou daslle a túa sogra.
- Vale.

Nada máis rematou o labor de anfitrión púxenme a limpar as nabizas, prepararlas para conxelar, repartir, etc., gardando unhas poucas para preparar un caldo ó día seguinte, o que na miña casa supón caldo para tres días. Por certo, xa sei que son o cociñeiro e pode non parecer obxectivo, pero teño que dicir que estaba moi rico.

A fin de semana seguinte, é dicir, fai catro días, fun de visita á casa deles, e para darme unha alegría, "como seguro que fai tempo que non o fas" (frase materna literal), tiña esperando por min... si, caldo de nabizas! O da conexión emocional entre pais e fillos parece ser un feito totalmente demostrado.

- Seguro que tiñas gañas del, eh?
- Siiii (cara de póker).

Menos mal que para completar unha dieta sana e equilibrada había unhas filloas, que se non, non sei eu o colesterol... Pero aínda quedaba a traca final antes de marchar:

- Levarás uns kiwis, non? Déronnos dúas caixas e son moitos.
- Caixas?
- Si, levas e repartes, que aínda están duros.

Foi chegar de volta á casa e levarlle medio mar de kiwis a meus sogros, co cal a min só me queda outro medio e como epílogo:

- Leva esta cabeza de repolo, anda, que temos demasiado.
(A cabeza en cuestión era digna dun xigante)

En fin, que creo que esta vai ser a semana do repolo, e dos kiwis, claro, que estenderán o seu reinado un par delas máis, polo menos.

Recomendación:

Para relaxarse algo de tanto verde, deixo aquí o primeiro corte do primeiro álbum de Black Sabbath, titulado da mesma maneira, "Black Sabbath". Ozzy Osbourne comendo morcegos e eu acabando co verde do planeta, menudo par!


5/11/11

907. Nos gusta la gente


"- Oiga usted bien esto, nosotros somos buenas personas. ¡Nos gusta la gente!
- Por eso la matan y se la comen, ¿no?
- Ta, ta, ta, ta... usted está tonta. ¿Acaso no ve los partes de la radio? En el mundo sobran personas y falta comida. Nosotros hacemos que haya menos gente y más comida... ¡y qué comida, señorita! Pregúntele a cualquiera quién hace la mejor carne... nosotros, ¡los Machado!"


(La matanza caníbal de los garrulos lisérgicos. 1993)

Recomendación:

Despois deste recordatorio a un clásico do cine gore feito en Galicia, recomendarei un disco de Siniestro Total, "Made in Japan", que contén unha canción incluida na banda sonora da película, "La sierra es la familia".


31/10/11

887. Sen tempo para máis


"Fun provocado por dous patriotas… É imposible rexeitar. pídovos perdón por non térvolo dito, pero os meus adversarios esixíron a miña palabra de honor de non informar a ningún patriota. A vosa tarefa é sinxela: demostrade que teño que combater contra a miña vontade tras ter esgotado tódolos medios posibles; decide se son capaz de mentir nin sequera no máis trivial. Por favor, lembrádeme, xa que o destino non me deu vida bastante para ser lembrado pola miña patria. Morro amigo voso, É. Galois"

(carta escrita a Auguste Chevalier na noite do 29 ó 30 de maio de 1832)

Recomendación:

Xa que estamos cerca do día de Defuntos, vou tomar prestada a iniciativa de Francia e aproveitar para lembrar a Évariste Galois no bicentenario do seu nacemento. Aparte de podervos asoballar con un mar de datos sobre as súas contribucións á Matemática, especialmente na Teoría de Grupos, nos vinte anos que durou a súa curta vida, case mellor lembrarvos que a súa obra tivo aplicacións tan coñecidas como os sistemas de navegación por satélite, en concreto, o GPS.

Como recomendación literaria, unha novela sombría, a tono co tempo destes días, a distopía que nos presentou o ruso Yevgeni Zamiatin, "Nosotros", un relato inquedante publicado en 1921. O diario de D-503, un individuo que vive nunha cidade-estado na cal o valor supremo é o ben común por riba de calquera outra consideración e o individuo vese anulado como tal.


12/10/11

883. Polos de campo


Conversa na xefatura de estudos:

- Imos ver, a vós parécevos normal empezar a pelexar no medio da clase?

- Profe, os nosos compañeiros xa están acostumados -alegou o implicado 1-
- Si, é certo -colaborou o 2-
- Nin certo nin nada! Mentres esteades no instituto, isto non é nin pode ser normal, entendido?
- Non o entendes, profe -insistiu o 1-
- Cooomo? (simulando indignación)
- Non -volveu a axudar o 2-
- E que nós somos... algo campestres -rematou o 1-
- !!!!!

Recomendación:

A pesar da exposición reiterada á barbarie á que me someto diariamente, como acabo de narrar, sigo a ter algunha, escasa, actividade cultural. O último que lin, e que me gustou, foi fai uns días "La Dalia Negra", de James Ellroy, libro no que está baseada a película do mesmo nome do ano 2006.
Por outra parte, tamén lin "El ángel perdido" de Javier Sierra, pero alá vós se queredes tirar os cartos e/ou o tempo con tal trapallada.


7/10/11

881. De persoas e outros seres


"Neste novo posto, faite á idea de que verás o peor dos teus compañeiros, como compañeiros... e como persoas"

(alguén, fai meses, predecía con éxito o meu futuro)

5/10/11

877. Ás barricadas!


"Mañá facemos folga porque os sindicatos queren acabar co ensino público"

(amable explicación que me deu un alumno de 18 anos)

Pensar que xa pode votar...


9/9/11

863. Problemas educativos


"A violencia como método de resolución de conflitos no ámbito educativo está infravalorada"

(sentenciou o xefe de estudos durante unha reunión da directiva)

Recomendación:

Aparte desta interesante reflexión, que desgraciadamente se quedará na teoría, tamén se produciron outros tipos de actividade intelectual nese cerebro. Un deles foi o proceso de ler "El cementerio de Praga" de Umberto Eco, que aparte da miña querencia pola obra do autor, resultoume moi interesante, e se lestes "O péndulo de Foucault" aínda vos gustará máis porque retoma algún dos temas mencionados en aquel libro. (Lástima ser un patán literario para non poder apreciar mellor os recursos estilísticos!)


15/8/11

859. Axencias de calificación (II)


(O peor de todo, é que despois de ver que nas latas de "caviar" había sardiñas, e algunhas xa apodrecidas, seguen á venda no supermercado... e véndense!)

Despois de finalizar o símil alimentario, imos tratar de ordenar un pouco isto, que non é fácil, así que iremos paso a paso e que ninguén espere ter tódalas súas preguntas contestadas ó remate, pero si polo menos un camiño aberto para buscar as respostas.

Que é unha axencia de calificación?
Aparte da resposta que máis de media poboación dariamos despois de "non sei", é dicir, "son uns fillos de ****, uns ****, ...", existe unha algo máis técnica. Unha axencia de calificación de riscos ven a ser unha empresa que avalía mediante modelos matemáticos se un investimento nun produto (financeiro, polo xeral) é arriscada, valorando de forma numérica a cantidade de risco que se experimenta nun determinado investimento. No seu inicio, este negocio era un servizo de información que se prestaba a un grupo pechado de subscriptores do mesmo para aumentar a eficiencia do mercado, reducindo riscos e custos tanto das empresas que prestaban diñeiro como das que o pedían prestado. (E aínda funciona así hoxe no caso de pequenas axencias, menos do 10% do volume total do mercado).

Cal é o seu poder real?
O seu poder reside nunha perversión do propio sistema. As axencias proporcionaban información a un grupo de empresas que pagaban por ela. Ó mesmo tempo, a información podía ter como obxecto ás propias empresas. E está claro, quen che paga, igual deixa de facelo se transmites mala información sobre a súa situación. En consecuencia, a información debe ser boa.
A segunda parte é evidente: para que esperar a que unha empresa, goberno, etc., pida unha calificación sobre os riscos de investir nela? Unha axencia podería elaborar dita calificación e logo presionar á empresa a cambio de non emitir unha mala valoración coa fin de obter un bo pago a cambio dos seus servizos (non solicitados).
E dado que o 90% do mercado mundial está en mans de tres axencias norteamericanas, máis unha cuarta chinesa, non hai moito máis que pensar... mal, claro.

Por que isto é un problema?
Aparte da perversión do sistema antes exposta, existe un conflito de intereses moi claro proveniente das desregulacións liberalizadoras nos mercados estadounidenses producidas desde a época da administración Reagan e sucesivas, especialmente republicanas, durante o periodo de bonanza económica, que permitiron que grandes fondos de inversión (e/ou especulación) formasen parte do accionariado das axencias. A seguinte pregunta é evidente: Poderían ter as axencias interese en producir unhas determinadas valoracións, independentes da realidade, coa fin de aumentar os beneficios dos fondos que as controlan en parte? A resposta afirmativa é inmediata.

Como afecta isto ás empresas?
A cousa está clara, a cualificación negativa dunha empresa fará fuxir ós investidores cara outro mercado, e como consecuencia, o estado económico da empresa empeorará. É obvio dicir que a factura, como é tradicional, empezará a pagarse pola parte do organigrama en forma de empeoramento das condicións de traballo, ou incluso despidos.

E ós estados?
Os estados necesitan recaudar diñeiro para acometer os seus gastos. A forma máis coñecida son os impostos, directos ou indirectos, outra é a emisión de débeda, que ven a ser como solicitar un crédito, pero en vez de facelo a unha entidade concreta, faise de forma aberta, e os investidores mercan dita débeda, que ó cabo dun tempo deberá ser amortizada polo estado, cos seus xuros correspondentes. Xuntando o anterior, podemos pensar que unha mala calificación a un estado, fará menos atractivo investir na súa débeda, co cal o estado deberá ofrecer uns xuros máis altos, que se traducirán en menos cartos dispoñibles no futuro, e máis beneficios para os investidores.
Neste caso é máis delicado, xa que as consecuencias do apartado anterior afectan ó funcionamento dun país ou rexión, e facendo que un país entre en situacións de debilidade extrema como se se víu nos casos de Irlanda, Portugal ou Grecia. E neste caso, o país non despide ós seus habitantes, simplemente debe buscar aumentar os ingresos (impostos) e recurtar os gastos, tendo como branco preferente ás políticas sociais, recurtes en sanidade ou educación, e á propia estrutura do estado, salarios de funcionarios, por exemplo. O que eufemisticamente se chama "socializar a crise", e que falando claro é que os cidadáns paguen a factura.

Como se soluciona isto?
Se non está claro que eu non o sei, porque senón isto sería o "Blog do ministro de Economía", xa o aclaro agora: nin idea!
O que si hai é xente que sabe máis que min sobre o tema, e propón varias cousas:
- A creación dunha axencia europea independente, ante a sospeita dunha certa "guerra económica" contra o euro. (Hai que chegou a afirmar que a III Guerra Mundial leva tempo disputándose sen disparar un tiro, entendendo como tal o intento de cambiar a orde mundial mediante métodos ilexítimos, soa conspiranoico, pero perigosamente verosímil). De todas maneiras, non tería as mesmas tentacións que as xa existentes?
- Con regulacións máis estrictas dos mercados. Quen o fará?
- Pasar das axencias, o que na práctica se traduciría en usar outros métodos de avaliación de riscos menos sensibles á especulación e/ou manipulación.
- Emprender a vía penal contra as axencias... (confeso que, sabendo en que país vivo, case me da un ataque de risa mentres escribía isto) como xa se fixo en Italia e Portugal, e en España vai con caaaalma.

Recomendación:

Por se alguén está pensando en mercar productos Hattori Hanzō e irse ás sedes de Moody's, Standard&Poor's ou Fitch, mellor que o tome con calma. Mellor tirádevos no sofá co dvd e aprendede algo máis sobre a crise no documental "Inside Job", que ilustra algunhas das cousas que nos trouxeron ata esta situación, dándolle a súa parte a estas axencias. E en homenaxe ós sufridos islandeses, deixámolo aquí, de momento, con un Sjáumst fljótlega!


7/8/11

857. Axencias de calificación (I)


"Le ponen una etiqueta "AAA" a una lata de sardinas y... ¡voilá, un bote de caviar!. Y luego se quejan de que les han descubierto el truco."

(comentario anónimo a unha nova na que se conta o descontento das axencias de calificación polo intento do goberno dos EEUU por introducir algo de control nas súas actividades)

(No próximo capítulo: de que vai todo isto)


4/8/11

853. 45 meses


"It's time to taste what you most fear...
...
It's a holiday in Cambodia
where people dress in black...
...
it's a holiday in Cambodia,
where you'll do what you're told..."


(fragmentos de "Holiday in Cambodia", Dead Kennedys, 1980)



"Sangue vermello e relucente cobre o campo e as cidades da nai patria Kampuchea!
Sangue dos nosos espléndidos obreiros e labregos!
Sangue dos nosos combatentes revolucionarios, homes e mulleres!
Sangue que foi transmutado en fervente furia, en fera loita,
o 17 de abril, baixo a bandeira revolucionaria!
Longa vida á abraiante vitoria do 17 de abril!"


(inicio de "Glorioso 17 de abril", himno da República Democrática de Kampuchea, composto probablemente por Pol Pot, e posto en vigor coa nova constitución do 5 de xaneiro de 1976)


A pesar de usar fontes tan dispares, podemos dicir que si, que había homes de negro, que che dicían o que tiñas que facer, e que houbo sangue, moito sangue que acabou derramado polos campos e cidades de Camboxa, aproximadamente a de algo máis de dous millóns de persoas, un xenocidio que se tal vez en número non é o máis importante dos vistos no século XX, ponse rapidamente á cabeza en proporcións cando temos en conta á poboación do país en aqueles momentos, preto dos oito millóns de habitantes, o que sitúa a masacre nun 25% da poboación.

(restos de vítimas do campo de exterminio de Cheoung Ek)

A historia empeza en algún momento do século XX tralo desfile de gobernos e sucesivas turbulencias políticas que cruzaron o territorio: a descolonización francesa, a invasión xaponesa na II Guerra Mundial, a posterior independencia en 1953, a tradicional rivalidade cos seus veciños do Vietnam, e de fondo, a Guerra Fría, durante a cal o Sur de Asia foi un xigantesco taboleiro de xadrez onde as superpotencias da época, a URSS e os EEUU apoiaban/derrocaban a políticos e gobernos segundo os seus intereses de cada momento.

En marzo de 1970, o xeneral Lon Nol deu un golpe de estado, no que derrocou ó príncipe Norodom Sihanuk, convertendo a ata aquel momento neutral monarquía (con toques de mandato divino) na República Khmer, na realidade unha ditadura títere ó servizo do Vietnam do Sur e os EEUU na súa loita contra Vietnam do Norte e os Viet Cong (os charlies de Rambo).

E aquí e onde aparece un descoñecido grupo, os Khmeres Vermellos (os citados homes de negro), nome popular dado ós membros do Partido Comunista de Camboxa, e logo Partido Democrático de Kampuchea (nunca peor escollido o nome), que daquela eran unha guerrilla de ideoloxía confusa, na que se mesturaban un maoísmo extremista, a idealización do campesiñado, ideas anticolonialistas e a rivalidade co veciño vietnamita. Con estes ingredientes, o cóctel non podía resultar máis extravagante... e perigoso, como despois se demostrou.

Aquí é onde empezan a aparecer nomes como Nuon Chea, Ta Mok, Khieu Samphan, un sempre secundario Saloth Sar, ou Ieng Sary (os rastros biográficos de algúns son confusos, xa que existe o costume do cambio de nome, non por razóns de estética nin políticas, senón por tradición budista). Estes homes, que lideraban a guerrilla, foron aproveitando as circunstancias tanto da política internacional, como as da local, e coincidindo coa saída dos estadounidenses do Vietnam, impuxéronse na guerra civil que levaban mantendo contra o estado desde 1968, tanto contra Sihanuk, como logo contra Lon Nol. A novidade da caída de Phnom Pehn, o glorioso 17 de abril de 1975, por aqueles guerrilleiros de negro, pronto deixou paso ó asombro ante o establecemento dunhas medidas políticas resumidas en oito puntos, puntos establecidos un mes máis tarde nun mitin que durou cinco días:

1. Evacuar á xente de tódalas cidades.
2. Abolir tódolos mercados.
3. Abolir o sistema monetario do rexime de Lon Nol e reter o diñeiro revolucionario que había sido impreso.
4. Obrigar a colgar los hábitos a tódolos monxes budistas e poñelos a traballar cultivando arroz.
5. Executar a tódolos líderes do rexime de Lon Nol, empezando polos líderes máximos.
6. Establecer cooperativas de alto nivel por todo o país, con almorzos comunitarios.
7. Expulsar do país a toda a poboación da minoría vietnamita.
8. Enviar tropas ás fronteiras, particularmente á fronteira con Vietnam.


Na práctica, isto supuxo o abandono das cidades, a colectivización do país, a abolición do diñeiro e, de propina, a instauración dun rexime de terror no cal a busca do "inimigo oculto" era unha prioridade.

"Construír o socialismo en Kampuchea consiste en dúas partes, agricultura e industria. A agricultura será modernizada en dez ou quince anos por métodos científicos, construíndo presas de regadío e canles por todo o país. E as presas e canles deberán empezar no próximo año, 1976. A industria será modernizada nun periodo similar de dez a quince anos"

"Coa fin de lograr a construción do socialismo progresivamente e avanzar todos xuntos no periodo fixado, debemos tomar precaucións para depurar coidadosamente ós axentes infiltrados no partido, nas forzas armadas, nas diversas organizacións e ministerios, no goberno, e entre as masas do pobo"


Estas dúas frases, pronunciadas por Nuon Chea no mesmo mitin, resumen o que veu despois, un traslado en masa da poboación a traballar nos campos de arroz e un estado paranoico que vía inimigos en todas partes, e que os eliminaba, literalmente. A morte era unha realidade diaria que se podía presentar a un en forma de tiro na caluga (ou apaleados nos campos de arroz) por motivos tan peculiares como levar gafas ou saber francés, indicios "claros" de interese polos asuntos do estado e posterior transmisión de información ós axentes segredos vietnamitas, multiplicados na imaxinación paranoica dos líderes capitaneados de forma discreta por Pol Pot, que se mantiña na sombra como unha pantasma, sendo case imposible atopar imaxes súas da época e cedendo o protagonismo como presidente a Khieu Samphan.

Entón apareceron nomes que poderán ser lembrados xunto con lugares como Auschwitz, o S-21, que era o nome en clave de Tuol Sleng, antigo colexio de prestixio na capital do país, reconvertido en prisión segreda e campo de exterminio, onde o horror era o amo da situación, e ó igual que en outros sitios, como nos campos alemáns, se levaba un minucioso rexistro das torturas e asasinatos alí cometidos. Existe unha imaxe terrorífica que se conserva hoxe no museo existente no lugar: as miles de fotos que se lles facían os detidos antes de ser torturados e/ou executados e que se expoñen na súa memoria nas antigas aulas da escola, dirixida neste periodo polo sanguinario Duch.

Como rematou isto? En decembro de 1978, aproveitando o debilitamento do país debido á inercia autodestrutiva provocada polo rexime, as tropas vietnamitas invadiron case sen resistencia Camboxa, fuxindo os líderes khmer cara a clandestinidade e buscando refuxio nas selvas e sempre coas sospeitas de colaboración por parte do rexime tailandés, oposto ó vietnamita. Os líderes da desfeita foron librando, en parte grazas ó misterio do que sempre se rodearon, en particular Pol Pot, que non foi localizado (ou se deixou localizar) ata pouco antes da súa morte polo periodista Nate Thayer, ó que concedeu unha entrevista. Ente ancián case buenrollista, que parece deixar na entrevista unha especie de xustificación ou testamento político, morreu pacificamente ó ano seguinte sen pasar polos tribunais, ó igual que varios dos seus cómplices. Pero como podedes ver neste enlace, a formación do tribunal para xulgar os feitos, así como a súa posta en marcha e funcionamento, foron e van lentos, como adoita suceder nestes casos.

Recomendación:

A pesar do que parece evidente, hoxe non vou recomendar ós Dead Kennedys, senón que vou deixar esta páxina web onde podedes ampliar información e profundizar no tema, que atopei buscando información sobre o mesmo; e ademais que naveguedes pola vosa conta pola morea que enlaces que deixa o post, que se o chego a facer no post, tería que facer varias partes para resumir os 45 meses de desvarío que constituíu o rexime de Pol Pot. De feito, podería ter aforrado o post de hoxe e mandarvos dirtectamente alí, pero xa me parecía moito morro coa pouca actividade do blog nos últimos tempos.


11/7/11

839. O gran dilema


O día, un calquera, a hora, pola mañá, o lugar, un instituto de educación secundaria, a zona de administración, o momento de formalizar a matrícula dun rapaz, ó que chamaremos Neno, acompañado do seu pai, ó que, seguindo o mesmo criterio, chamaremos Proxenitor.

Administrativa: E aquí, que tes isto sen cubrir, que vai ser, Relixión ou Alternativa?
Neno: Non sei, mmm..., Alternativa!
Proxenitor: Home, Neno, e logo eso?
Neno: E que...
Proxenitor: Home, ti, é que, non lle parece?
Administrativa: Ben, eu teño as miñas crenzas, pero... é un asunto persoal, claro.
Proxenitor: Xa, pero é a tradición na nosa casa, non ves?
Neno: Xa, pero Neno2 (amigo) vai coller Alternativa e quedar eu só...
Proxenitor: Home! Pero eso... ademais, xa te bautizamos, fixeches a Primeira Comunión e agora xa estamos metidos neso.
Neno: Mmmm..., ben, pois... Relixión!
Administrativa: Entonces?
Neno e Proxenitor: Relixión, claro!

Recomendación:

Por se algún día o noso protagonista decide abrazar o outro lado e deixar de estar metido "neso", sexa o que sexa, deixo aquí como recomendación o recopilatorio Black Pearls do grupo alemán Crematory. Como botón de mostra, o tema "Fly".


1/7/11

829. Palabras, só palabras


"Xa cho dixen, non hai nada que investigar. Todos saben quen foi. E ninguén, nada, detivo o noso brazo, ninguén detén o brazo co coitelo en alto. E foi todo impune, ninguén os castigou. Os meus compañeiros tiveron altos cargos... Recibiron medallas, cargos do Estado. Quen cres que ocupou o Estado todo? Non existe a xustiza, neniña. Iso son palabras. As palabras non existen, non teñen substancia. Non creas nas palabras, son unha mentira."

(Home sen nome. Suso de Toro)


22/6/11

823. Dous homes e unha elefanta


Topsy era encantadora, con 28 anos, máis ou menos tres metros e cinco toneladas de encanto, que é o que se pode esperar dunha elefanta india da súa idade, aínda que tiña algún arrebato de mal xenio, cousa que tamén se pode esperar dunha elefanta á que o seu coidador borracho lle da para comer un pitillo encendido. O caso é que a Topsy non lle sentou moi ben o tema, agarrou ó insensible bruto (o coidador) coa súa trompa e, en plan debuxo animado, estampouno contra o chan. Coa diferenza respecto ós debuxos animados, que o home non viu as estrelas, senón que chegou ó máis alá de forma instantánea.

Por outra banda, dous homes xeniais mantiñan un enfrontamento por unha cuestión AC/DC, é dicir, por ver cal das dúas formas de uso da electricidade era mellor, a corrente alterna ou a continua. Thomas A. Edison defendía o uso da última a traves da súa empresa General Electric, mentres que o croata Nikola Tesla obtivo apoio nas súas investigacións e patentes respecto ó electromagnetismo por parte do industrial norteamericano George Westinghouse, propietario e fundador da Westinghouse Electric.

E aquí, en 1903, é onde se xunta este trío aparentemente incompatible, pero que, como veremos, para desgraza da elefanta, non o era a nivel de circunstancia histórica.

(Edison, Topsy e Tesla)

Resulta que ademais do incidente co seu coidador no circo Forepaugh, Topsy xa matara a outros dous homes en Texas, as circunstancias non estaban claras, pero a ollos da sociedade neoiorquina, era culpable de asasinato, e xa sabemos como as gastan os norteamericanos co tema da pena de morte, e máis fai cen anos. Na disputa entre Edison e Tesla (ou Edison e Westinghouse) apareceu a demanda por parte da clase industrial de transporte de electricidade a maiores distancias e con maiores voltaxes que a usada para a iluminación. Isto era un problema para Edison, xa que a corrente continúa que producía producía grandes perdas nos transportes en forma de calor. A solución de Tesla era producir voltaxes máis elevadas, co cal reducía as perdas no transporte da electricidade, podendo baixalas despois para o consumo mediante transformadores.

Entón, vendo que o seu negocio se podía vir abaixo, Edison pasou ó ataque e decidiu que se non podía vender as virtudes do seu produto, demostraría de forma clara os perigos do do seu competidor: A corrente alterna era perigosa! E que maior perigo pode haber que que te maten, non?
A partir de experimentos previos con animais pequenos como cans e gatos, Edison inxeniouse para construír un aparello co cal matar animais usando a electricidade e a partir de aquí buscar o momento apropiado para dar un golpe de efecto contra o excéntrico e popular Tesla.

E o momento chegou, Topsy era culpable, merecía morrer (as cousas eran así, e seguen a selo en moitos sitios, non o esquezamos) e aquel tenro amigo dos nenos foi preparado para dar o seu último espectáculo: a súa execución. O influínte Edison amañouse para conseguir que o elefante fose axusticiado no Luna Park en Coney Island mediante un novo método: a "malvada" corrente alterna de Tesla, mediante 6600 voltios que pasaron a través de cables estratéxicamente situados no seu corpo. Para rematar a faena publicitaria, Edison, que non perdía un segundo sen inventar, utilizou un método propio de filmación para gravar o evento e, por suposto, poder difundilo logo polas salas de exhibición de Estados Unidos:


"Se a corrente alterna pode matar un elefante, que non poderá facer con unha persoa?", debeu pensar Edison que cavilarían os preto de 1500 curiosos que foron a ver a execución da elefanta asasina. A modo de xustiza poética, cabe dicir que Tesla deu como resposta unha demostración pública na que fixo pasar corrente alterna a través do seu corpo sen dano algún. E hoxe, todos nós usamos a corrente alterna na vida diaria, aínda que sen esquecer a continua, que é a que usamos en todo tipo de baterías dos múltiples cachivaches que posuimos. En canto a Topsy, en 2003, con motivo do centenario da súa execución, inaugurouse un monumento na súa honra no Museo de Coney Island.

Aínda que, como de todo hai quen tira proveito, alguén vira no método de Edison unha aplicación máis moderna e con menos sufrimento(?) na aplicación da pena de morte e antes do final de Topsy, William Kemmler tivo ocasión, de forma forzosa, de comprobar a eficacia das novidosas (e por desgraza para el, chapuceiras) aplicacións da eléctricidade, pero iso xa é outra historia que será tratada en outro post máis macabro e tenebroso...

Recomendación:

Moi apropiado para o post de hoxe e as súas macabras consecuencias, este tema recomendado por Xoán Carlos, grazas novamente, que me serviu para, buscando por aquí e por alá, atopar a idea da que naceu este post. A canción é "Olor a carne quemada", de 1982, un tema dos inicios de Gabinete Caligari.


8/6/11

821. A memoria minguante


"Entrevistador: ¿Qué le preocupa del porvenir?
Jorge Semprún: La memoria. Están desapareciendo los testigos del exterminio. Bueno, cada generación tiene un crepúsculo de esas características. Los testigos desaparecen. Pero ahora me está tocando vivirlo a mí. Aún hay más viejos que yo que han pasado por la experiencia de los campos. Pero no todos son escritores, claro. En el crepúsculo la memoria se hace más tensa, pero también está más sujeta a las deformaciones. Luego hay algo... ¿Sabe usted qué es lo más importante de haber pasado por un campo? ¿Sabe usted qué es exactamente? ¿Sabe usted que eso, que es lo más importante y lo más terrible, es lo único que no se puede explicar? El olor a carne quemada. ¿Qué haces con el recuerdo del olor a carne quemada? Para esas circunstancias está, precisamente, la literatura. ¿Pero cómo hablas de eso? ¿Comparas? ¿La obscenidad de la comparación? ¿Dices, por ejemplo, que huele como a pollo quemado? ¿O intentas una reconstrucción minuciosa de las circunstancias generales del recuerdo, dando vueltas en torno al olor, vueltas y más vueltas, sin encararlo? Yo tengo dentro de mi cabeza, vivo, el olor más importante de un campo de concentración. Y no puedo explicarlo. Y ese olor se va a ir conmigo como ya se ha ido con otros."

(Entrevista a Jorge Semprún en El País, 19-8-2000)


1/6/11

811. El primer asesinato



"Supe que no había ocurrido
No había asesinato en la pradera
La hierba no estaba roja
La hierba era verde
Supe que no había ocurrido

He llegado a casa cansado
Mis botas están veteadas de suciedad
Para qué sirve predicar
nunca les pasó nada
a los cuerpos asesinados en la pradera

Decid la verdad he fumado hasta
llegar al amor en esta noche inocente
Jamás ocurrió
Jamás ocurrió
No hubo asesinatos en la pradera

Había una casa en la pradera
La pradera en sí era grande y estaba vacía
Era de noche
Era noche cerrada
Había luces en las diminutas ventanas."



(Leonard Cohen. Flores para Hitler.1964)


30/5/11

809. Nobre sentimento


"El sábado, sobre las cinco de la tarde, descargó sobre Santiago una tempestad que produjo varias desgracias. Dos trabajadores del campo se refugiaron en una cabaña a la cual acudió poco después a guarecerse un anciano de 70 años. Al verle llegar, uno de los primeros, observando que en la choza no cabían más de dos personas y movido por un noble sentimiento hacia el anciano, salió fuera para que éste ocupara su sitio. Apenas hecho esto, una chispa eléctrica dejó cadáveres a los que se encontraban en la choza, y medio asfixiado por el humo de los cuerpos al joven que acababa de salir."

(La Voz de Galicia. 30-5-1886)


Peculiar recompensa á nobreza do acto... (persoalmente, encántame o estilo literario das novas de fai cen anos)

Recomendación:

Moi apropiado para o desenlace da nova, este vídeo dos AC/DC, Thunderstruck, do álbum de 1990 "The razors edge".


27/5/11

797. A gusto do cliente


- Profe, ¿mañana tenemos examen, no? -preguntou a alumna-
- Si.
- Una duda... ¿vas a colgar hoy el examen en Internet?
- Mmmmmm...

Terei que empezar a preguntarme en serio se teño responsabilidades graves no fracaso educativo deste país? Tería servido de algo tomar unha medida como esa, sen dúbida innovadora no ámbito académico? O peor é que penso que a resposta á segunda pregunta é que non.


25/5/11

787. 42!


"... Los dos hombres se agitaron inquietos. La tensión era insoportable.
- En serio, no os va a gustar -observó Pensamiento Profundo-.
- ¡Dínosla!
- De acuerdo -dijo Pensamiento Profundo-. La Respuesta a la Gran Pregunta...
- ¡Sí...!
- ... de la Vida, del Universo y de Todo... - dijo Pensamiento Profundo.
- ¡Sí...!
- es... - dijo Pensamiento Profundo, haciendo una pausa.
- ¡Sí...!
- es...
- ¡¡¡...¿Sí?...!!!
- Cuarenta y dos -dijo Pensamiento Profundo, con calma y majestad infinitas-."


(Guía del autoestopista galáctico. Douglas Adams)

Feliz Día da Toalla a tod@s!
(e do Orgullo Friki, claro)


23/5/11

773. Unha sociedade práctica


"Por que imos mercar unha copia mala cando podemos mercar o produto orixinal polo mesmo prezo?"

Aquí temos unha das grandes verdades do mundo do consumo... ou unha análise dos resultados das eleccións de onte?


20/5/11

769. A votar! (con coidado)


"Tódolos animais son iguais, pero algúns son máis iguais ca outros"

Así de claro o vía Orwell en 1945, no seu caso referíndose ós totalitarismos, especialmente a Stalin, despois da decepción que para a súa mentalidade de esquerdas supuxo o xiro dictatorial que tomou a revolución rusa nas mans do líder soviético.

Hoxe en día, os ditadores daquela época son pasado, pero o que non é pasado é a ansia de poder e privilexio de algúns, e máis presente a distancia que existe entre a nosa clase política e os seus ignorados/gobernados, nós. Custa crer que vivimos nunha democracia. Unha democracia? Tal vez, pero tutelada, vendida e dirixida por xente que xa non representa ó pobo, senón a empresas, bancos e grupos de presión.

Despois desta introdución, poderiades supoñer que vou pedir que non vaiades votar, ou que o fagades en branco, ou nulo. Nada máis lonxe, para que estes animais do presente deixen de ser máis iguais que os outros, que somos dirixidos e mangoneados, o que temos que facer é votar, cada un por quen queira, pero votade. A miña opción está moi clara, e no seguinte vídeo hai unha sinxela explicación do dito antes:


Ademais, hai outra razón clara e de sentido común:

A quen demos queredes protestar polo que fagan despois os políticos se vós mesmos lles deixades saír elixidos sen mover un dedo para impedilo?


761. Borde!


Remata a semana, venres, última hora de clase. Imos recollendo a clase e alguén comenta:

- Profe, luns e martes imos de excursión. -ton de entusiasmo-
- Ah, ben.
- Non nos vas botar de menos? -ton meloso-
- Non.
- Oh, nin siquiera un pouquiño? -ton de dúbida-
- Non, por que?
- Mmmmm... -silencio tenso-

Estou lendo que a cidadanía, especialmente a xuventude, anda indignada. Será que debería ter sido algo máis diplomático cos meus alumnos?


17/5/11

757. Outra vaca no millo


"Habrá que habilitar créditos para reconstruir todo eso... y mira, por buscar alguna faceta positiva a la tragedia, a lo mejor se reactiva la industria de la construcción, por lo menos ahí, a nivel local".

(Isabel San Sebastián. Economista sísmica, e periodista en ratos libres)

Como dixo alguén: "Mellor estar calado e parecer tonto, que falar e despexar as dúbidas".

Desde este blog, vaia todo o ánimo posible ós cidadáns de Lorca.


15/5/11

751. O señor dos papeis


(Tódolos nomes, excepto o meu, son figurados, ou non, ía tan durmido que igual atino por casualidade. A historia é máis aterradora se se conta sen adornos literarios, crédeme, sei o que digo)

Pouco despois da saída do sol, cheguei ás terras de Mordor, aínda que por alí prefiren o nome de Delegación Provincial de Educación da Xunta de Galicia...

- Home, Suso! Canto tempo! Que tal che vai?...

Rebobinemos, calquera que teña entrado nas terras de Mord... Delegación Problablabla... sabe que isto é absolutamente imposible, e este blog é un exemplo de veracidade a seguir, así que empecemos outra vez:

- Ola, bos días!
Tic, tac, tic, tac, tic, tac, tic...
- Olaaa!
... tac, tic, tac, tic, tac, ...
- Eeeei, hoo!
- Ah, estabas aí. Dime, é que desde o outro lado do mostrador non te vira.
- Ola, mira, que teño un problema...
- Espera un momento. Antooón, ven aquí, que hai un pring...esto, alguén que quere facer unha consulta.
Tic, tac, tic, tac, tic,...
- Si, dime?
- Veño para consultar algo sobre o posuidor do anel de poder que os gobernará a todos.
- Siiiiiii?
- Non, pero a ver se así me facedes caso. O meu señor, Futurodirector, foi convocado onte por Sauron, perdoa, o inspector ***, porque parece que...
- Mellor vas a aquel mostrador de alí, o que pon "Inspección".
- Onde? O mostrador non pon nada.
- A placa que hai enriba do mostrador, pedazo... (aquí deberían figurar unhas amables palabras que me adicou, pero non coñezo ben a Lingua Negra, polo que teño medo de equivocarme e non porei nada)

Pois hala, a patear despachos!
- Ola, xove elfo, que desexas?
- O meu señor envíame para averiguar algo sobre o posuidor do anel de poder.
- Ese truco xa está moi visto. Proba con outro.
- E para preguntar por uns papeis que teñen que ver con Sau.. o inspector ***?
- Sshhh! Non menciones o nome do Señor dos Dons.

- Ah, desculpe, non sabía...
- Se prudente, xove elfo. Tiras por alí, cruzas aquela pasarela, e xa está o sacro nome nunha das portas.
- Ah, grazas.

Por fin, tras cruzar o longo corredor que conducía a Barad-dûr, aínda que o nome correcto sería Lugburz, alí estaba eu, ante a porta del, non usarei o nome do Señor Escuro de Mordor, é perigoso.
Toc, toc...
- Pasa, pequeno e miserable elfo.
- Bos días, oh, luz que alumea esta mañá!
- Menos peloteo e di que ves facer por aquí.
- Veño a averiguar algo sobre o posuidor do anel de poder.
- Queeeee?
- Non, realmente veño a consultar algo sobre uns papeis que lle pedíu onte vostede ó meu señor, Futurodirector, porque non lle chegaran.
- Ah, bueno, daquela nada... dime entón.
- Como ía dicir, os papeis que vostede pedíu ó meu señor foron depositados na entrada de Minas Tirith e recollidos alí por un orco que tiña que traelos aquí fai xa unha lúa.
- Como? Fai tres semanas e aínda non os teño? Desde outra Delegación Provincial?
- Si, mire. Teño aquí a referencia do rexistro de saída, unha semana máis tarde.
- E logo... o teu señor, non terá outra copia con el?
- Pois non, tería que facer unha expedición a Pontev... Minas Tirith e andamos moi liados cunha invasión de trolls que están asediando a muralla da nosa fortaleza.
- Ben. Imos ver. Ven comigo, insignificante piltrafa.

Chegamos xunto á administrativa da zona de despachos de Barad-dûr.
- A ver, que me di este ser lamentable que fai días saíu de Minas Tirith unha misiva para min de parte dun tal Futurodirector, que parece que fai quince días foi enviada por un mensaxeiro.
- Pois non lle sei, mire.
- E onde pode estar? -inquiriu o Facedor dos Aneis-.
- Pois... a ver, por aquí teño uns cuantos papeis que non sei de quen son -dixo a administrativa ollando para a súa mesa, mesa tan impoluta que parecía sacada dun anuncio de limpadores do fogar-.
Con xesto delicado, levantou un folio, e nunha inmensa morea formada por DOUS papeis puiden ler o nome buscado de forma inmediata, aínda que os folios estaban ó revés.
- Perdoe, Gran Mestre da Mentira, creo ler nese papel F, U, T, U, R, O, D, I...
- Como?! -exclamou o Ollo de Fogo-.
- Si, eses son os papeis que vostede necesitaba.
- Ai, pois mira ti, que curioso! Pois igual levan aquí xa uns cuantos días, eh! -dixo alegre e desenfadada a administrativa-.
- Pois mira que ben -murmurou a Man Negra, botando lume polos ollos- xa está todo resolto. Retírate, insignificante escoura!
- Grazas, Señor dos Licántropos. Non o perturbo máis coa miña presenza e deséxolle toda a sorte do mundo para afrontar eses terribles encrucillados que ameazan a lectura da prensa matinal...

Recomendación:

Se pensades que me tomo demasiado a broma o mundo da burocracia, só tedes que probalo por vós mesmos. Xa veredes como é unha estratexia de supervivencia psicolóxica necesaria.
E ademais do consello de saúde, despois de tódalas referencias a Tolkien, podedes esperar o previsible, pero non vai ser "O señor dos aneis", senón a obra orixe do universo Tolkien, "O Silmarillion".


13/5/11

743. Terrible profecía


"- Voy a abrir la tapa del televisor para hacerle ver que esto es sólo un aparato electrónico lleno de lámparas, de cables y nada más.
- ¡No! No lo haga.
- ¿Por qué no?
- Sería como abrir una catarata de maldad. Aquí dentro está la violencia, la sangre, el horror, la mentira, todo está aquí, tratando de salir, de invadir las casas. Hasta los locutores, que parecen hombres y mujeres normales, no lo son, porque sólo hablan de guerra, de asesinatos, de... de raptos, de linchamientos.
- Pero si usted teme todo eso, ¿por qué sigue viendo televisión?
- Porque la necesito... porque ya no sé pensar... es ella la que piensa por mí".

("El televisor". Historias para no dormir. 1974)


14/4/11

739. Vermello ou azul



E o futuro xefe de estudos escolleu a vermella...


733. 14 de abril


"Artículo 1.
España es una República democrática de trabajadores de toda clase, que se organiza en régimen de Libertad y de Justicia.
Los poderes de todos sus órganos emanan del pueblo.
La República constituye un Estado integral, compatible con la autonomía de los Municipios y las Regiones.
La bandera de la República española es roja, amarilla y morada."



27/3/11

727. Liquidación absoluta


Despois do escrito sobre o terremoto de Xapón, e observando atentamente o que sucede na central nuclear de Fukushima, ou o que nos deixan ver, para ser exactos, veume á memoria unha historia que é o referente inmediato destes días nos que lemos novas sobre os traballadores que quedan na central tratando de minimizar os efectos do desastre e prever outros maiores, traballadores que son serios aspirantes a morrer en breve debido á cantidade de radiación que os debe estar atravesando.

"ликвида́торы", ou o que é o mesmo: "liquidador", foi o nome aplicado ás 600000 persoas (dato estimado) que, ben de forma voluntaria ou como parte do exército soviético, participaron nos primeiros días despois da explosión do reactor número 4 da central nuclear de Chernóbil nos traballos de contención do que quedaba no núcleo do reactor, extinción do incendio e na construción do sarcófago que posteriormente o cubriría.


(fotografía tomada por Igor Kostin de varios dos liquidadores antes de subir ó teito do reactor)

Nos primeiros momentos, moitos destes homes traballaron con uns rudimentarios "traxes" de chumbo, consistentes en recubrir os uniformes con follas de chumbo ata xuntar uns 30-40 kg de peso, cos que en quendas de tres minutos (dos cales permanecían sobre medio minuto no teito do reactor) se adicaban a retirar o escombro radioactivo. A dose de radiación superaba nunhas duascentas veces os niveis letais, o que fai aínda máis sorprendente o feito de que non morreran alí mesmo.

Un indicador do nivel de radiación é o dato de que o fotógrafo Igor Kostin, autor da famosa foto aérea do reactor desde un helicóptero, só puido ensinar dita foto porque o resto do carrete quedou velado debido á radiación.
Estes efectos pronto empezaron a verse na cidade de Prípiat, a onde empezaron a chegar os traballadores da central, soldados e voluntarios (si, voluntarios!) que estaban tratando de combater a aquel inimigo silencioso, invisible e terrible que era a radioactividade. (Parástesvos a pensar algunha vez no tema? De seguro que o contorno de Chernóbil era un lugar tremendamente tranquilo neses momentos, incluso plácido, nada que ver cos estrondos típicos dos filmes de catástrofes. Aínda dá máis medo...) A pesar da súa invisibilidade, a xente pronto empezou a percatarse de que o sucedido deixaba efectos visibles... e dificilmente esquecibles.

Os corpos parecían desfacerse en horas, as queimaduras debidas á radioactividade arrasaban os corpos de aqueles desgraciados que, ben por un diñeiro aparentemente fácil, ben por facer méritos no exército, ou ben por un sentido do deber que lles levou a ignorar conscientemente o perigo ó que se enfrontaban, loitaron co desastre naqueles días de primavera de 1986. As instantáneas eran arrepiantes, médicos e enfermeiras que non se atrevían a achegarse ós enfermos, aqueles sinistros bronceados que ían aparecendo na pel das vítimas da central, e o macabro detalle dos cadaleitos de chumbo que ían chegando ós hospitais e nos cales o exército levaba os cadáveres dos liquidadores para dirixir os funerais controlando o ambiente familiar, non fose a ser que alguén os abrira para botar unha última ollada ós seus seres queridos, e agora, contaminados de forma mortal.

O número de mortos é unha incógnita, en parte debido ó hermetismo da época soviética, e en parte debido ó lóxico descontrol durante a evacuación/fuxida de Prípiat. As estimacións rondan cifras de máis de 50000, ás que hai que engadir máis do triple de discapacitados e un número aínda non calculado de malformacións xenéticas que afectaron (e afectarán) ós nacidos desde entonces, por non sumar os casos de cancro e outras enfermidades que non se manifestaron no momento, pero que co paso dos anos poden ir aparecendo. Isto fai que este se convertese posiblemente nun dos traballos máis perigosos da Historia, con un 50% de mortos, e o outro 50% con danos irreversibles.

Como detalle curioso, podemos ver na imaxe anterior a medalla que a Unión Soviética concedeu a estes heroes, porque chamarlles de outra maneira sería inxusto, e apreciar o motivo central, unha gota de sangue atravesada polos tres tipos de radiación: alfa, beta e gamma. O sangue que moitos destes tamén chamados "Biorobots", pola súa frialdade á hora de expoñerse ó perigo, derramaron case sen darse nin conta.

Se queredes ampliar información, podedes ler este artigo do blog "La pizarra de Yuri" (fenomenal na súa introdución desmontando algúns mitos), ou ben buscar calquera dos documentais ó respecto do tema que hai pola Rede. E ademais, non concluír sen lembrar tamén ós pilotos de helicópteros que voaron sobre a central para tratar de deixar caer no reactor unha mestura de materiais que tiñan como finalidade evitar unha reacción en cadea e a fuga de máis materiais á atmosfera. A súa mortandade foi case total.

(Hoxe tampouco hai recomendación, non é preguiza, simplemente, ó igual que fai dous posts, o escrito non me deixa con moito ánimo para buscar unha canción bonita ou un texto fermoso, ou algo para esparcirse... como moito recomendar unha reflexión sobre o debate nuclear de forma fría e pensar que queremos facer do noso planeta, o noso nivel de vida, comodidades, luxos, a que estamos dispostos a renunciar ou canto e/ou que estamos dispostos a pagar por iso. Máis alá das pancartas e a demagoxia habitual, non se ve moito destas reflexións nos que deben tomar decisións, así que mellor pensar sen esperar a que o fagan por nós)



25/3/11

719. Resolvendo dúbidas


Os casos de violencia escolar, agresións e demais menudencias que teñen/temos que padecer os profesores están á orde do día, aínda que de vez en cando suceden outras cousas menos desagradables, pero non menos desconcertantes, como o que se narra a continuación.

Estaba o profesor rematando unha das súas sabias e interesantes (algún dos asistentes opinaría que tan interesante como a vida sexual das cascudas no norte de Eritrea) explicacións a un grupo de tenr@s garrulill@s, cando decidíu pechar a explicación cun dinámico e apaixoante (considerando como referencia a vida do percebe) turno de preguntas consistente en:

- Ben! Entón, temos algunha dúbida?
(NADA. Aquí só faltaba o arbusto rodante da películas do Oeste.)
- De acordo. Entonces, pasamos ó seguinte apartado.
Unha man que se alza no medio da multitude formada por oito seres próximos á inmobilidade perpetua.
- Si?
- Profe!
- Dime.
- ¡Que guapo estás hoy!
- Ah, mmmm... nada máis?
- No, era sólo eso.
- Pois... grazas. Eh, continuamos...

Como dixen, sorprendente e desconcertante. Agora ó profesor só lle queda tratar de atopar unha forma, delicada e que non faga dano, de dicirlle á criatura que ten poñer gafas ou lentes de contacto. Algo se lle ocorrerá...

Recomendación:

Despois de este balsámico momento para a autoestima docente, tan acostumada a levar leña de todas partes, deixo algo igualmente relaxante. "Paper nut", do álbum de 1984 "Song for everyone" de Jan Garbarek, Laksminarayana Shankar, Zakir Hussain e Trilok Gurtu.
Como curiosidade, está publicado na editorial alemá ECM, que ten como lema: "O mellor son despois do silencio".


19/3/11

709. Logaritmos sísmicos


Deixando aparte o feito de ser un país totalmente condenado pola súa situación nun lugar xeoloxicamente perigosísimo, e á espera de ver que pasa coas centrais nucleares xaponesas de Onagawa, Tokai, e sobre todo, a de Fukushima, que nada bo fai presaxiar, vou comentar algo máis matemático referido ó terremoto que sucedeu en Xapón o venres anterior.
O tema de hoxe é unha breve explicación de como se mide a intensidade dun terremoto, a tantas veces mencionada escala de Richter. O numeriño que da a intensidade do terremoto en cuestión corresponde á fórmula:


En dita fórmula temos que ter en conta os seguintes datos:
A: amplitude das ondas en mm tomada do sismograma
t: a diferenza de tempo entre a chegada das ondas sísmicas primarias e as secundarias.

Para non ser demasiado farragoso, saltarei os pasos intermedios e chegarei á conclusión (non demasiado difícil) de que a escala de Richter é unha escala de tipo logarítmico, en concreto, de tipo decimal. Isto indica que o aumento de intensidade correspondente ó aumento dun grao na magnitude da escala corresponde a un aumento de 10 veces na intensidade do terremoto.

Por exemplo, se tomamos como referencia o terremoto que ocorreu en 1997, con epicentro entre Sarria, Triacastela e Becerreá, e que deixou un morto (por infarto) así como curiosidades como as que podedes ler no artigo enlazado. Pois ben, este terremoto tivo unha magnitude de 5'1 graos, e o de Xapón, parece que 9 graos, o que nos da unha diferencia de 3'9 graos, que debido á escala logarítmica se transforma nunha diferenza de intensidade que fai que este último fose unhas 7943 veces máis intenso que o galego.

Isto pode deixarnos unha idea máis ou menos clara do nivel de destrución provocado en Xapón, idea que aínda se nos fará máis horripilante ó saber que a fórmula que mide a cantidade de enerxía liberada polo terremoto,


onde E corresponde á enerxía liberada e M á intensidade, fai que por cada grao de aumento da intensidade, a enerxía liberada se multiplique aproximadamente por 31'6. o que volvendo ó exemplo anterior, fai que a diferencia de enerxía fose de unhas 708000 veces maior, e aí si vemos realmente o efecto destrutivo do terremoto e o porque das estremecedoras imaxes que nos deixou o posterior tsunami.

Para facervos unha idea do potencial de este fenómeno podedes consultar o enlace wikipédico no que fala de dita escala e no que podemos comprobar como dato curioso a súa equivalencia con unha explosión de TNT, neste caso nada máis e nada menos que o equivalente a uns 240 millóns de toneladas!

E ata aquí chega este post, no que dado o impacto do que vin estes días e pensando en todo que leva sucedido coa xente que aí vivía, case que non me da moito ánimo para poñer recomendacións de ningún tipo.


27/2/11

701. Inicio a rachar!


Como no post anterior mancionaba a Takashi Miike, e co trailer que deixei pode que vos levedes unha impresión equivocada do cine deste director, queda aquí un fragmento máis representativo da súa filmografía, a secuencia inicial de "Hanzaisha", primeira das películas da súa triloxía "Dead or Alive".




691. Escenas despois da batalla (IV)


Siii! Alegrádevos, que volve o clásico entre os clásicos deste blog. Aparte das tribulacións de entregas anteriores do blog, o curso vai deixando pequenas perlas cultivadas pacientemente (a veces, outras con menos paciencia) durante as clases e as entrevistas cos pais e nais (realmente, na práctica, case todo nais) dos meus queridos(?) alumnos. E sen máis preámbulos, continúa... o circo!:

- Pues yo, ¡NO ESTOY DE ACUERDO CON ESTO!
(Unha alumna na entrega de notas, todo un gritesjit!)

- Proofe! (Ton mimoso) A que somos os teus alumnos preferidos?
(A miña cara era todo un retrato da mentira cando dixen "si")

Aínda que en outro curso tiven este curioso intercambio verbal:
- Profe, debes aburrirte con nós, somos un grupo penoso, non?
- Que va! Non me aburro.

Pero cando un se fai merecedor do premio á paciencia é despois de ter que escoitar isto:
- Pois non sei eu, eh! Aquí parece que o problema, máis que de comportamento, é de tipo persoal entre vostede e a rapaza.
(Pois non, mire, o problema é con vostede, que xa non pode cambiar, a súa filla aínda é educable, imbécil!)

Nada mellor para suavizar a tensión que confesións do tipo:
- Mira, eu xa sei que **** fuma porros e bebe algo, pero ata aí sei que está controlado, e con que non se meta en máis líos... entende?
- Si, claro.
- Ben.
- Ben.
(Como xa quedou claro en entregas anteriores deste serial, eu "entendo", "xa sei", etc...
)

Ademais, quedaba o tiro de gracia:
- E entonces... o tema das faltas a clase de ****?
- Bueno, é que como eses días estiven nove días no cárcere en Bonxe, non podía controlalo moito, sabes?
- Ah, xa. De acordo.
(Todo comprensión pola miña parte. A este paso, o día que os extraterrestres aterricen na porta do instituto, nin me molestarei en coller a cámara para tirarlles unha foto)


De todas formas o punto de fricción máis habitual son os exames:
- Prooofe! (Ton entre mimoso e pelota)
- Dime.
- Un 4 es aprobado, no?
- Non.
- Cooomo? (Ton incrédulo e asombrado)
- De momento, os aprobados, son un 5.
- ¿Y el trabajo y el comportamiento?
- Case mellor, non preguntes.
- ¡Oh! -asombro total- Y entonces... ¿cuándo me repites el examen?
- A final de curso, como a todos.
- ¡Bueno, pfffff! (Ton de indignación, tamén no bufido)

En fin, que despois de todo isto, que máis dicir? Ser profe, a pesar de todo, é marabilloso.

Recomendación:

Se queredes outro tipo de asombro, hoxe queda aquí como recomendación unha comedia musical xaponesa de 2001: "A felicidade dos Katakuri", de Takashi Miike. Macabra e divertida a partes iguais.


20/2/11

683. Alex DeLarge


Xa que mencionei no post anterior a tal individuo aquí queda a súa presentación para o público:


"Ahí estaba yo. Es decir, Alex y mis tres drugos. O sea Pete, Georgie y Dim. Estábamos sentados en el Milk Bar Korova, exprimiéndonos las rasureras para encontrar algo con que ocupar la noche. En el Korova Milk Bar servían lacta plus. Leche con velloceta o con dencromina… que es lo que estábamos tomando. Eso nos aguzaba los sentidos y nos dejaba listos para una nueva sesión de ultra-violencia..."


677. Desde Finlandia... con humor


Que impulsa á unha amable e apacible señora de 80 anos a acometer unha vertixinosa carreira de asasinatos de forma case involuntaria? Iso si, nunha implacable loita pola súa supervivencia, chegando por momentos a parecer Alex DeLarge disfrazado da inofensiva e delicada Miss Marple.

Cuestións non menos curiosas se podería chegar a plantexar un se se atopara con un pastor protestante en plena crise matrimonial (e de valores) que adopta a unha cría de oso e bautiza co cristián nome de Lucifer, o que desencadea unha ruptura coa súa vida actual deixando plantadas á parroquia e á súa muller, emprendendo unha viaxe sen rumbo determinado en compañía na súa nova parella e de Lucifer, que co cambio á idade adulta ira adquirindo habilidades como o pranchado de roupa, e de paso cambiara o seu nome polo non menos intimidador de Belcebú.

Viaxe máis tenebrosa é a que inician un grupo de persoas en autobús desde Finlandia percorrendo Europa coa finalidade de cometer suicidio todas xuntas. Tal viaxe, ó igual que as dúas historias anteriores é narrada nunha das novelas de Arto Paasilinna, autor finlandés, que a pesar das súas trinta e cinco novelas publicadas desde 1972, só temos traducidas en España seis delas.

Tal vez teña algo que ver que algo tan simple como "Hirtettyjen kettujen metsä" se traduza ó galego dunha maneira tan revirada como "O bosque dos raposos aforcados", novela na que Paasilinna nos mostra o estraño grupo que chegan a formar nun apartado lugar da selva lapona un ladrón fuxido, Oiva Juntunen, con Sulo Rennes, comandante do Exército en ano sabático, e Naska, unha nonaxenaria escapada dun asilo. Seres que non encaixan na súa sociedade, pero, de forma estraña, atopan un acomodo entre eles. A saber o traballo que da traducir o resto do libro...

Non é que Paasilinna escriba comedias con personaxes absurdos, senón, todo o contrario, as súas novelas teñen un humor case inocente con toques algo malvados e sarcásticos, pero ó mesmo tempo vai pintando un retrato da súa sociedade no que apunta e dispara indiscriminadamente e amósanos que portas adentro da fachada do paraíso Nokia tamén teñen trapos sucios que lavar.

Se queredes ver algún máis deses despropósitos sociais que ilustran as novelas de Paasilinna, non deixedes de ler "O muiñeiro ouveador", onde tamén poderedes ver ó igual que en "El mejor amigo del oso" (a historia de Lucifer/Belcebú) uns pequenos toques que recordan por momentos ós recursos das narracións do realismo máxico sudamericano.

E ata aquí chega este post, no que por razóns obvias, non vai haber recomendacións, xa que o post en si mesmo xa o é. Hala, a ler!

Nota:
A primeira historia citada é "La dulce envenenadora" e a do autobús, "Delicioso suicidio en grupo". Tamén está traducida "Jäniksen vuosi", que, como calquera fillo de veciño sabe (sempre que o veciño viva en Finlandia, claro), se traduce ó castelán como "El año de la liebre", pero este aínda non tiven ocasión de lelo, co cal non podo opinar... de momento


8/2/11

673. Problema porcino-familiar


"Estoy harta de mis padres. No cuentan conmigo para nada, namás que mi hermana, mi hermana, mi hermana ... y yo parezco un cerdo a la izquierda"

(Oído en Cadena SER, citando un programa basura de Antena 3)


30/1/11

661. A voltas con pi


Por razóns que ata calquera dos nosos dous máximos líderes políticos serían capaces de entender, o post número 13 deste blog podería manterse en estado de actualización, o que sería pesado e cansado para min, co cal anuncio que desde hoxe dito post e as súas sucesivas actualizacións non serán renovadas, e senón, que individuos como Shigeru Kondo estean quietiños un rato. Polo tanto, a partir de agora o que queira novas informacións sobre os decimais de pi, que as busque.

Para non deixar o post así, dunha forma tan abrupta, un poema, o que escribíu ó número pi a poetisa polaca Wislawa Szymborska, a pesar diso, premio Nobel de Literatura en 1996:

El número pi es digno de admiración
tres coma uno cuatro uno
todas sus cifras siguientes también son iniciales
cinco nueve dos, porque nunca se termina.

No permite abarcarlo con la mirada seis cinco tres cinco
con un cálculo ocho nueve
con la imaginación siete nueve
o en broma tres dos tres, es decir, por comparación
ocho cuatro seis con cualquier otra cosa
dos seis cuatro tres en el mundo.

La más larga serpiente después de varios metros se interrumpe
igualmente, aunque un poco más tarde, hacen las serpientes fabulosas.

El cortejo de cifras que forman el número pi
no se detiene en el margen de un folio,
es capaz de prolongarse por la mesa, a través del aire,
a través del muro, de una hoja, del nido de un pájaro,
de las nubes, directamente al cielo
a través de la total hinchazón e inmensidad del cielo.

¡Oh, que corta es la cola del cometa, como la de un ratón!
¡Qué frágil el rayo de la estrella que se encorva en cualquier espacio!

Pero aquí dos tres quince trescientos noventa
mi número de télefono la talla de tu camisa
año mil novecientos setenta y tres sexto piso
número de habitantes sesenta y cinco céntimos
la medida de la cadera dos dedos la charada y el código
en el que mi ruiseñor vuela y canta
y pide un comportamiento tranquilo
también transcurren la tierra y el cielo
pero no el número pi, este no,
el es todavia un buen cinco
no es un ocho cualquiera
ni el último siete
metiendo prisa, oh, metiendo prisa a la perezosa eternidad
para la permanencia.